intentas horas...
Antes de que chegaras pensaba que xa non era tan importante para min verte como creia ata ese momento, pero a hora achegábase peligrosamente despois de non poucos problemas. Era a hora de verche a cara de novo despois de tanto tempo. Quizás o medo a decepcion fixera que dentro de min se formase un mal estar tan profundo que por veces creera que me estaba equivocando...
Seguiase acercando a hora; vistete, ducha, peinate, arranxate un pouco...sonríe, confia en ti, relaxate, se positiva, pensa, sinte...
Chegou a hora, xa non hai volta atrás; o feito, feito esta e o dito tamen asi que ahora o único que queda é disfrutar do momento....
Xa estaba ali, baixei as escaleiras, unha mezcla de nervios, dealegrei, de incertidume e de non saber o que vai pasar recorríame todo o corpo. Falaba rápido, tan rápido que creo que por momentos nin el mesmo era capaz de entenderme.
Xa estaba ali, enfrente, que digo? nno fixen nada...un bico, mellor dous...non puiden evitar darlle unha aperta...no momento pensei que fora un erro, ahora xa non estou tan segura...
Subimos as escaleiras...non sabiamos moi bem que decir...pero eu, seguía nerviosa...A palabra decepcion era a que pasaba pola miña cabeza, casi non tiña dúbidas...por que sempre me pasa esto a min? "El quéreme, seguro que nada cambiou" era a frase que pasaba pola miña cabeza co fin de non amargarme máis e de calmarme. Era o mellor que podia facer...
Pasaban os minutos e as cousas acercábanse máis o que eu tiña pensado que pasaría...un abrazo, unha caricia...quizás confianza...era o amigo ese o que tiña tantísimas ganas de ver e que fixera ese gran esforzo por min, un detalle ou un detallazo, non sei. Típico en el. Días antes pensaba que o facia por que me queria, ese día tiña as miñas dúbidas, e hoxe? non sei...
Horas despois dueme o meu regalo; Aquel que me prometera, pero non era o que esperaba. Quizás porque non o esperaba de el, porque non esperaba aquelo ou porque nunca espero nada de ninguen. En aquel momento non sabía nin que decir, nin que facer...Así que de forma rutinaria e sin pensalo fixen o que se fai sempre; din as gracias e un bico. Penoso? Quizás.
Ceamos e saimos de festa. Licor Café, cubalibres, música e nos...non bailamos porque non sabe bailar...Quizás algún día me apeteza en sinarlle pero aquel non era o día.
Bicos e abrazos. Eres incleíble amigo.
Cansancio e alcohol acumulado, vamos para casa.
Estábamos ali os dous, falando, rindo...non estaba mal, todo o contrario...era xenial.
Nada máis que comentar de esa noite, non merece a pena...
Domingo. Levantámonos despois de falar horas. Vamos a comer. Pasao por Ourense. Estaba calada; non tiña nada que decir. Estaba seria; estaba triste. Estaba borde; non podía evitalo. Quizás debería decirche que non podía estar de outra forma, que eu son asi, pero non o fixen, supuxen que ti deberías sabelo. Debería pedirche perdon, pero nunca (ou case nunca) ou fago. Unha simple e importante caricia na man foi a miña sutil forma de decirche que aínda que estivese así eres especial.
Despois o meu segundo gran fallo.
Quizás deberíame levantar e a facerche a cea pero estaba durmindo. Despois de eso; enfado, discursión. Dame a man sin ganas...mellor soltame non quero que esto siga mal.
Dentro de unhas horas vaise...Quérome ir coas miñas amigas a tomar algo, necesito emborracharme, necesito chorrar, necesito rir, necesito esquecerme de todo, necesito que non te enfades, necesito non cometer máis erros. " Si te vas tu, me voy yo". Xa non podía irme...non podía deixar de chorar.
Porque estaba pasando todo eso? non había explicación lóxica para ese enfado pero estaba ali. Non quero que te vaias asi.
non podía deixar de pensar cousas maLas e quizás pola miña "peculiar" forma de ser non podía deixar de meter a pata.
Algo como "no puedes pretender que te de besos a todas horas, yo no soy asi" foi o que fixo que me sentira peor todavia...Quizás era demasiado dificil comprender que necesito escoitar o que cada un sinte en cada momento e aínda que as palabras non son nada sin feitos e quería que todo fose acompañado.
Quero que me des bicos, quero que me digas que me queres, quero que me abraces...Quero, quero, quero. El non é asi. Unha mágoa, amigo.
Despois de tantas horas chegaba xa o momento importa...Íase...un bico, un abrazo a unha bágoa (ou varias) foron o final de todo.
"un final feliz"....Quizás...
Agora estou aqui, de novo, como sempre sacando as miñas propias conclusións, pensando cousas que non debería, agoviandome, agoviandote. Debería decirche moitas cousas, que te quero, que o sinto, que non quero que deixes de ser o meu amigo, que sinto ser asi,que quero que me queiras, que me perdoes...Pero sabes que nno vou a faceLo.Teño a esperanza de que nunca te esquezas de que son así e que sin non fora asi non sería eu. Compréndeme aínda que che coste. Non te enfades que te quero, aínda que moitas veces non se note ou quizás se note tanto que te poidas cansar. Non te canses, porfavor
Espero volvera verte pronto para poder repetir as moitísimas cousas positivas que pasaron.
Demóstrame o que sintes, sexa o que sexa, farás que me sinta mellor.

2 Comments:
Ola, precisaba contactar contigo, pero non topo o teu enderezo no blog... ¿poderías escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? Un saúdo e GRACIAS!
Get any Desired College Degree, In less then 2 weeks.
Call this number now 24 hours a day 7 days a week (413) 208-3069
Get these Degrees NOW!!!
"BA", "BSc", "MA", "MSc", "MBA", "PHD",
Get everything within 2 weeks.
100% verifiable, this is a real deal
Act now you owe it to your future.
(413) 208-3069 call now 24 hours a day, 7 days a week.
Post a Comment
<< Home